CUALIFICACIÓN

A cualificación da materia de Relixión é común aos catro cursos da E.S.O. e establecerase en torno a tres puntos:
  • Actividades final do trimestre (40%)
  • Realización das actividades e participación na clase (40%)
  • Traballo trimestral (20%)

A valoración dos coñecementos adquiridos polo alumno, farase mediante unha actividade final de trimestre, na que se incluirá unha pregunta do traballo trimestral, á que lle corresponderá un 40% da nota final. Nesta proba deberase obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 para que se teña en conta. En caso contrario, non superará a avaliación.
Esforzo e traballo, no que se valorará a actitude e a participación do alumno na aula, así coma o seu caderno, tendo en conta: preguntas, presentación, orden, número de actividades ben feitas co seus enunciados; corresponderalle un 40% da nota final. Nesta proba deberase obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 para que se teña en conta. En caso contrario, non superará a avaliación.
Un traballo monográfico á metade do trimestre; corresponderalle un 20% da nota final. Nesta proba deberase obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 para que se teña en conta. En caso contrario, non superará a avaliación.
Cada falta de ortografía nos diferentes traballos escritos e exames descontará 0,05 puntos, ata un máximo de 1 punto.
A nota do trimestre será a suma dos criteiros enunciados mais arriba, redondeada ao enteiro.
A recuperación do trimestre farase co exame da seguinte avaliación, e dicir, a recuperación da primeira avaliación co exame da segunda, e a recuperacion da primeira, no seu caso, e da segunda farase co exame da terceira avaliación.
A nota de xuño será a media aritmética, redondeada ao enteiro, dos tres trimestres.
A nota de setembro será a obtida nun examen extraordinario.
Publicidade:
Os criterios de cualificación se lles proporcionará aos alumnos mediante información na primeira clase, na páxina web; mentres que os pais os coñecerán nas charlas persoais que soliciten.