PROCEDEMENTOS de AVALIACIÓN


Mediante a
Realización das actividades e participación na clase
Traballo trimestral e
Actividades final do trimestre

A cualificación dos alumnos debe acadar os 5 puntos para que sexa considerada positiva.
Os/as alumnos/as que non atinxan a cualificación positiva o final de cada avaliación, terán a posibilidade de recuperar, do seguinte xeito:
Criterios de Recuperación:
A recuperación do trimestre farase co exame da seguinte avaliación, e dicir, a recuperación da primeira avaliación co exame da segunda, e a recuperacion da primeira, no seu caso, e da segunda farase co exame da terceira avaliación.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO
Os alumnos que non superen a materia en xuño farán un exercicio sobre os contidos mínimos. Esta proba avaliarase de 1 a 10 puntos debe acadar os 5 puntos para que sexa considerada positiva.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE MAIO
Os alumnos que non superen a materia en setembro, terán dúas oportunidades en decembro,e en maio, e farán unha proba sobre os contidos mínimos. Estas probas avaliarase de 1 a 10 puntos e deben acadar os 5 puntos para que sexa considerada positiva.

Publicidade:


Os procedementos de avaliación se lles proporcionará aos alumnos mediante información na primeira clase e escrito no tablon da aula; mentres que os pais os coñecerán nas charlas persoais que soliciten.